Despois de traballar nas clases o xogo de mastermind, fixemos unha adaptación para a clase de E.F. co nome de "mastermind físico".
Para este xogo colocamos un banco sueco cuberto con papel contínuo.
Dun lado do banco sueco está o alumno/a que fai o código con tarxetas de cores e no outro lado están 4 ou 5 alumnos/as que intentan adiviñar, colocando conos, a secuencia de cores do código mediante o método "ensaio-erro".Este xogo, fixémolo na clase de E.F. grazas a colaboración da profe Marta.
Moitísimas grazas Marta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario