Actividade: "La rayuela africana"
O xoves no recreo estuvemos practicando coa profe Marta un baile moi antigo chamado "la rayuela africana". É unha actividade de coordinación e motricidade na que se traballa a lateralidade, a orientación espacial, o rítmo, o traballo en equipo...Este baile ten moitas variantes. Seguiremos practicando.
Actividade: Xogamos a "mastermind físico"
Despois de traballar nas clases o xogo de mastermind, fixemos unha adaptación para a clase de E.F. co nome de "mastermind físico".
Para este xogo colocamos un banco sueco cuberto con papel contínuo.
Dun lado do banco sueco está o alumno/a que fai o código con tarxetas de cores e no outro lado están 4 ou 5 alumnos/as que intentan adiviñar, colocando conos, a secuencia de cores do código mediante o método "ensaio-erro".Este xogo, fixémolo na clase de E.F. grazas a colaboración da profe Marta.
Moitísimas grazas Marta.
Actividade: Facemos ditados.
Dividimos a clase en varios grupos. Cada grupo ten que escoller á persoa que escribe no folio as frases que aparecen a unha distancia determinada e que o resto dos compoñentes, por relevos, terán que ler, memorizar e comunicarllo á persoa que escribe. As frases estarán no mesmo orde e sen faltas de ortografía.
Con esta actividade foméntase o traballo en equipo e a coordinación do grupo. Todo esto englobado na actividade física.
Moitas grazas profe Marta por esta actividade tan bonita.
Actividade: O código secreto.
Colocamos 25 aros no chan en 5 filas de 5. A mestra ten uns modelos con diferentes itinerarios polos aros e escolle un para empezar.
Os alumnos/as póñense en fila e van saíndo un a un tentando descubrir o itinerario ou camiño pasando polos diferentes aros ata chegar ó final e completar o percorrido. Cando se confunden pasa o seguinte.
Dentro do programa "Traballamos físicamente as ciencias naturais", hoxe fixemos unha nova sesión: "O roscón deportivo", que consiste en adiviñar de qué deporte se trata despois de escoitar a definición do mesmo.
O rosco ten as letras do abecedario ordenadas. Cada equipo, a través do seu portavoz e no orden establecido, irá dando as respostas correctas. Tanto os acertos coma os erros, quedan reflexados nunha táboa.
Sesión 3:Xogamos ao "masterdmind físico"
Para este xogo colocamos un banco sueco cuberto con papel contínuo.
Dun lado do banco sueco está o alumno/a que fai o código con tarxetas de cores e no outro lado están 4 ou 5 alumnos/as que intentan adiviñar, colocando conos, a secuencia de cores do código mediante o método "ensaio-erro".
Este xogo, fixémolo na clase de E.F. grazas a colaboración da profe Marta.
Moitísimas grazas Marta.
Coma nas sesións anteriores, a "profe Marta" fixo a publicación didáctica interactiva que podedes ver AQUÍ
Tamén vos deixamos un vídeo do xogo.
Sesión 2: Repasamos as articulacións.Coma nas sesións anteriores, a "profe Marta" fixo a publicación didáctica interactiva que podedes ver AQUÍ
Tamén vos deixamos un vídeo do xogo.
A semana pasada fixemos unha segunda sesión dentro do programa: "Traballamos físicamente as ciencias". Nesta ocasión fixemos as seguintes actividades:
-Pilla as articulacións, para repasar os contidos das mesmas.
-Un traballo por parellas con indiakas golpeándoa coas diferentes articulacións. E para rematar...
-A marioneta, movilizando as diferentes articulacións do compañeiro.
Coma na sesión anterior, a "profe Marta" elaborou unha publicacion didáctica interactiva, que vos mostramos AQUÍ

Sesión 1: As articulacións.
A educación física e as ciencias naturais manteñen unha relación en certos contidos de ensinanza que permite unha aprendizaxe significativa no conceptual, psicomotor e socio-afectivo destas disciplinas.
O xoves, e en colaboración coa profe de E.F. o alumnado pudo afianzar coñecementos adquiridos na aula a través de diferentes actividades motivadoras.
Esperamos poder continuar con máis actividades deste tipo ao longo do curso. Moitas grazas Marta por axudar a que esto sexa posible.
PUBLICACIÓN DIDÁCTICA.
A actividade conxunta que fixemos de Ciencias Naturais e E.F. para practicar as articulacións, servíu como base para a elaboración dunha publicación didáctica interactiva que vos mostramos AQUÍ

No hay comentarios:
Publicar un comentario