lunes, 7 de octubre de 2019

Observamos unha libélula

O venres andaba unha libélula polo cole; asique aproveitamos a ocasión para collela e introducila nunha garrafa e asi poder estudar as súas características.
Comprobamos que é un insecto porque ten 6 patas, ás (catro), antenas, que é alongada...
Investigamos  e aprendemos que é o insecto máis veloz, que se alimenta de moscas, mosquitos e de outros insectos, que ten unha vista moi aguda e que os seus ollos son compostos...
Quixemos transmitir os nosos coñecementos a outras aulas. En grupos de dous fomos a tres clases diferentes e ensinamos a libélula e os nosos coñecementos.
Cando rematamos, liberámola para que continuara vivindo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario