domingo, 22 de septiembre de 2019

Traballamos as decenas.

Empezamos a traballar as unidades e as decenas. Cantas unidades hai nunha decena? O mellor é que o alumnado o comprobe  por él mesmo. Collemos palillos, contamos ata 10, poñémoslle unha goma e xa temos unha decena.
Deste xeito, ademais de diferenciar unidades de decenas, aprenden a poñer a goma que lles resulta bastante difícil ao comezo. Todo é cuestión de práctica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario