sábado, 23 de febrero de 2019

A nosa experiencia con Sara.


Chegou a principio de curso, tímida, moi calada, observadora e con moita ilusión, a unha clase que non coñecía e con algúns meses por diante para aprender e compartir.
Foi recibida con moito cariño porque os nenos e nenas son así: moi cariñosos. 
A medida que iban pasando os días xa era unha máis da clase e aproveitaban calquera momento para  demandar  a súa axuda porque sempre se mostrou moi cariñosa, alegre e ilusionada. Eso percibían os nenos e nenas e por eso cando chegou o momento da súa despedida era todo un mar de lágrimas. 
Foron moitas as mostras de cariño porque Sara foi sementando todo iso e está claro que o que sementa, recolle.
Fíxonos moita ilusión compartir con Sara todos estos meses e sobre todo puden observar que é unha gran profesional, gran loitadora e con moitas ganas de aprender.
Persoas como Sara son as que precisamos en calquera profesión pero sobre todo na ensinanza.
Moitas grazas Sara por compartir con nós estos meses e deixar unha gran pegada.

1 comentario:

  1. Mis niños, muchísimas gracias por todo!! Por tratarme como me tratásteis y por quererme tanto! Os echo muchísimo de menos, pero recordad... Pronto puedo estar de sorpresa ahí! �� Os quiero muchísimo, mis pequeñitos.
    Y a ti, Loli, nada que no sepas... GRACIAS en grande, eres mi ejemplo a seguir en la enseñanza. ❤️

    ResponderEliminar