sábado, 23 de febrero de 2019

A nosa experiencia con Sara.


Chegou a principio de curso, tímida, moi calada, observadora e con moita ilusión, a unha clase que non coñecía e con algúns meses por diante para aprender e compartir.
Foi recibida con moito cariño porque os nenos e nenas son así: moi cariñosos. 
A medida que iban pasando os días xa era unha máis da clase e aproveitaban calquera momento para  demandar  a súa axuda porque sempre se mostrou moi cariñosa, alegre e ilusionada. Eso percibían os nenos e nenas e por eso cando chegou o momento da súa despedida era todo un mar de lágrimas. 
Foron moitas as mostras de cariño porque Sara foi sementando todo iso e está claro que o que sementa, recolle.
Fíxonos moita ilusión compartir con Sara todos estos meses e sobre todo puden observar que é unha gran profesional, gran loitadora e con moitas ganas de aprender.
Persoas como Sara son as que precisamos en calquera profesión pero sobre todo na ensinanza.
Moitas grazas Sara por compartir con nós estos meses e deixar unha gran pegada.

Visita do alumnado de 5 anos



O mércores o alumnado de 5 anos veu á nosa clase para explicar o experimento da "pizarra máxica".
Que importante  e enriquecedor é  compartir, aprender uns dos outros. 

jueves, 14 de febrero de 2019

Visitamos unha exposición no centro Marcos Valcárcel

O dia 5 de Febreiro fomos ao centro Marcos Valcárcel para ver a exposición: Arte privada en Ourense onde estuvemos acompañados por unha guía que nos iba explicando as características dos diferentes cadros.
Esta exposición vai dende o século XVI ata o XX e con diferentes xéneros artísticos: paisaxe, retrato, escenas costumbristas e relixiosas, cadros de historia...Pudemos ver un cadro de Dalí, Sorolla, Ovidio Murguía de Castro, Ramón Parada Justel e rematamos coa representación humana  dun cadro de  Castelao " Festa na aldea". 
Continuamos a nosa saída visitando a plaza de abastos onde pudemos ver os diferentes postos: flores, froitas, verduras, carnes, peixes...
Voltamos ao centro moi contentos pola cantidade de cousas que vimos nesta saída.