domingo, 25 de noviembre de 2018

Saímos de excursión.

O venres fomos de excursión. Empezamos visitando o Instituto Otero Pedraio. Fomos recibidos polo director do centro que nos acompañou ó corredor onde se atopaba a  exposición de aves. Había  moitas e moi variadas: quebrantaosos, águia, mouchos...Unha vez rematada visitamos a biblioteca, que nos sorprendeo pola cantidade de libros que alí agochaba. Un espazo que incitaba á lectura. Baixamos pola escaleira de pedra ata o Paraninfo, outra zona preciosa; e sentados nas cómodas butacas, pudemos admirar as súas pinturas e esculturas.
Un pequeno descando para merendar que o fixemos nun dos claustros do instituto que tiña mesas de pimpon.
Saímos xa para outra visita interesante na carpa do xardín: O ártico rompe. A guía íbanos explicando todo o que esconde o ártico: plantas, animais, formas de vida...Que intesante!!! 
Non podíamos rematar sin dar un paseo polo xardin para ver os animais que alí hai e as árbores cubertas de líquenes. 
Regresamos algo cansados pero con algo máis de sabiduría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario