sábado, 29 de septiembre de 2018

Traballamos as naturais na clase de E.F.


A educación física e as ciencias naturais manteñen unha relación en certos contidos de ensinanza que permite unha aprendizaxe significativa no conceptual, psicomotor e socio-afectivo destas disciplinas.
O xoves, e en colaboración coa profe de E.F. o alumnado pudo afianzar coñecementos adquiridos na aula a través de diferentes actividades motivadoras.
Esperamos poder continuar con máis actividades deste tipo ao longo do curso. 
Moitas grazas Marta por axudar a que esto sexa posible.

1 comentario:

  1. Grazas a ti Loli e ós nosos alumnos/as por poñer tanto entusiasmo nas actividades. Bicos.

    ResponderEliminar