jueves, 28 de septiembre de 2017

OVOS DE MIRLO COMÚN

A semana pasada trouxéronnos á clase un niño con 2 ovos. Os ovos eran azuis con pintas marróns.
De que ave sería este niño? 
Empezamos a investigar e vimos que era de MIRLO COMÚN.
O macho é negro co pico laranxa e a femia é marrón.
Según a investigación que trouxo un neno, o macho vai a buscar o necesario para facer  o niño e a femia é a encargada de facelo.
Parece imposible que este niño sexa feito por un paxaro! comentaba un neno mentras o observaba.
A incubación dura aproximadamente 15 días pero por causas que non sabemos, a femia abandonou o niño antes de que naceran.
Con esta información que recollemos e en grupos de 5, iremos a explicalo aos nenos e nenas de infantil.
Que mellor explicación!!!

             

             

          

No hay comentarios:

Publicar un comentario