sábado, 6 de mayo de 2017

Cal é a túa habilidade?

Esta actividade fixémola en colaboración coa profesora de E.F. e dentro do ximnasio.
Os pasos foron os seguintes:
- Escribimos en papel contínuo a letra da canción que colocamos na parede.
- Os nenos e nenas sentáronse en círculo.
-Facíamos preguntas:
                            Quen sabe atar os cordóns?
                            Quen sabe vestirse só?
                            Quen sabe por a mesa?...
-A continuación cada alumno-a tiña que dicir en que era bon, cal era a súa habilidade, e despois da posta en común tiña que escribila nunha cartolina.
-Cantamos a canción coas habilidades de cada un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario