lunes, 22 de mayo de 2017

PESÁMONOS E FACEMOS A GRÁFICA

Para que serven as matemáticas? Intentamos poñer en práctica a súa utilidade e para elo cada neno e nena ten que pesarse e decirllo aos seus compañeiros e así completar a táboa. Unha vez completa facemos a gráfica correspondente, analizámola e facemos problemas relacionados coa mesma.


jueves, 18 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 SEIXALBO

O día 17 de Maio, celebramos as letras galegas no centro cultural "AS AGROMADAS" de Seixalbo. Ademais de recitar unhas poesias, había unha exposición de carteis de Carlos Casares e as ilustracións das columnas, feitas polo alumnado do colexio. que durante moitos anos participou este escritor no periódico da Voz de Galicia.

lunes, 15 de mayo de 2017

Aprender a emprender

Os nenos e nenas de 1º A estuvemos participando nun proxecto de aprender a emprender que está dirixido par JUNIOR ACHIEVEMENT. O tema que traballamos foi: A COMUNIDADE. Durante 5 sesións estuvo con nós na clase unha persoa especialista no tema que fixo actividades e xogos relacionados co mesmo. Foron sesións moi divertidas nas que aprendemos moito.

sábado, 6 de mayo de 2017

Cal é a túa habilidade?

Esta actividade fixémola en colaboración coa profesora de E.F. e dentro do ximnasio.
Os pasos foron os seguintes:
- Escribimos en papel contínuo a letra da canción que colocamos na parede.
- Os nenos e nenas sentáronse en círculo.
-Facíamos preguntas:
                            Quen sabe atar os cordóns?
                            Quen sabe vestirse só?
                            Quen sabe por a mesa?...
-A continuación cada alumno-a tiña que dicir en que era bon, cal era a súa habilidade, e despois da posta en común tiña que escribila nunha cartolina.
-Cantamos a canción coas habilidades de cada un.