Esta actividade fixémola en colaboración coa profesora de
E.F. e dentro do ximnasio.
Os pasos foron os seguintes:
- Escribimos en papel contínuo a letra da canción que
colocamos na parede.
- Os nenos e nenas sentáronse en círculo.
-Facíamos preguntas:
Quen
sabe atar os cordóns?
Quen sabe vestirse
só?
Quen sabe por a
mesa?...
-A continuación cada alumno-a tiña que dicir en que era bon,
cal era a súa habilidade, e despois da posta en común tiña que escribila nunha
cartolina.
-Cantamos a canción coas habilidades de cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario