domingo, 19 de mayo de 2019

Día das letras galegas

O día 17 de Maio, celebramos na asociación de veciños San Breixo, o día das letras galegas co seguinte programa:
-Representación da obra: o casamento da Pulga de Antonio Fraguas Fraguas. 
-Con lingua de signos representamos a canción: Este planeta é divertido.
-Obra de teatro: O mestre. 
-Baile tradicional: Camiño de Viseu. 
           

miércoles, 15 de mayo de 2019

Visitamos fábricas do Polígono

O día 30 de Abril visitamos no polígono de San Cibrao das Viñas 2 empresas: Orember-Finsa e ambulancias Rodríguez López.
Con cascos, chalecos e auriculares íbamos moi contentos. Unha guía íbanos dando todas as explicacións.
Rematamos con merenda e agasallos.
Logo pudemos comprobar  como unha furgoneta valeira íbase enchendo de camilla, bombonas de osíxeno, desfibrilador, mascarillas...
Unha mañá moi aproveitada.
            

miércoles, 8 de mayo de 2019

Día das artes galegas.

O día 1de Abril, dende fai 4 anos, celébrase o día das artes galegas. Este ano estuvo adicado a Luís Seoane.