martes, 30 de enero de 2018

Día mundial pola paz

         
O día 30 de Xaneiro  de 1.948 foi asasinado Mahatma Gandhi. Nesta data lémbrase a importancia  de educar na tolerancia e o respecto aos demais. 
Fomentar o diálogo é imprescindible para unha convivencia pacífica.

domingo, 21 de enero de 2018

A báscula

                                 
A tecnoloxía evoluciona dun xeito asombroso e cousas que antes se usaban hoxe cairon en desuso.
Moitas cousas que antes se empregaban nos centros hoxe está na zona de almacén: tocadiscos, básculas, teléfonos, fotocopiadoras, microscopios...
Todo esto atopamos no noso centro e decidimos buscar un pouco de informacíón. A nosa clase escolleu a balanza.
Ahistoría da balanza ou báscula  remóntase aproximadamente ao ano 2.500 a.c., cando en Exipto a actividade comercial era moi grande e xurdíu a necesidade de pesar dunha maneira máis exacta os produtos que se vendían ou intercambiaban.