lunes, 6 de junio de 2016

GOALBALL

Hoxe pola mañán tuvemos a sorte de contar con Sandra, unha profe especialista en braille e en deportes para invidentes. Para chegar ao ximnaxio, a metade da clase era invidente e a outra metade eran os guías.
Cando chegamos ao ximnasio e despois de correr sin ver nada xogamos ao goalball. Este xogo, de 3 xogadores cada equipo, básase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, que leva no seu interior cascabeles que soan ao movemento do balón. Este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial.
Para poder xogar foi preciso marcar o campo e para elo contamos coa axuda e colaboración do profe de E.F.
MOITAS GRAZAS A JUAN E A SANDRA .


domingo, 5 de junio de 2016

PRESENTAMOS AS NOVAS DA NOSA AULA

Despois de levar varios días facendo de metereólogos, aprendemos a presentar as noticias que ocorren na nosa aula pero antes facemos unha posta en común sobre o que queremos contar e facemos pequenas anotacións con pictogramas para que non se esqueza nada. Rematamos coa presentación do tempo. TODA UNHA EXPERIENCIA!!!

                              

miércoles, 1 de junio de 2016

VISITA AO MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE (PARADA DE SIL)

O día 30 de Maio, os nenos e nenas de primeiro visitamos o museo do chocolate que está no pobo de Teimende (Parada de Sil). Aprendemos cales eran os ingredientes do chocolate e o proceso de fabricación, así coma o nome das máquinas. 
Despois de comer na plaza de Teimende e que se chama a plaza de Dora Vázquez (debido a que esta escritora foi mestra neste pobo durante moito tempo) visitamos os balcóns de Madrid, Dende alí vimos o río Sil e os cañóns.  Este río separa a provincia de Ourense da provincia de Lugo.