lunes, 19 de junio de 2023

Visitamos o taller de Lorena

Hoxe foi un día moi emotivo porque visitamos o taller de Lorena. Explicounos como se desenvolveo a súa etapa educativa e como foi superando as limitacións coas que se iba atopando. Fixemos moitos xogos que nos axudaron a poñernos no seu lugar e para elo empregamos cadeiras e gafas con visibilidade reducida.


sábado, 10 de junio de 2023

Visita de Antonia, unha holandesa.

Dado que estamos traballando o proxecto dos Países Baixos, tuvemos a visita de Antonia, unha holandesa que veo á nosa clase e contounos cousas do seu país. Ensinounos o pobo onde vive (Alblasserdam) e falounos un pouco en holandés.


jueves, 8 de junio de 2023

Visita ao Castro de San Cibrao de Las

Hoxe fomos de excursión ao Castro de San Cibrao de Las. Primeiro visitamos o castro e logo fixemos unha actividade na que por un momento fomos arqueólogos.









miércoles, 31 de mayo de 2023

Exposición do proxecto.

Dende o martes, o noso proxecto sobre os Países Baixos, están no local das agromadas xunto co resto dos proxectos. Así nos quedou de bonito.

Bigote tres pelos.

O martes tuvemos a sorte de contar cunha persoa especial: Rita Doallo. Contounos o conto Bigote tres pelos pero o máis interesante é que ela é a autora do conto.

Despois de escoitar o conto, colocamos os tres pelos no lugar da cara que nos queríamos.




Relacionamos o froito coas follas

Esta semana tuvemos unha actividade onde tíñamos que relacionar o froito coa folla e co nome. Algunhas follas e froitas resultáronnos doadas pero outras eran máis difíciles.



lunes, 29 de mayo de 2023

Debuxo de Mateo Pereira.

Mateo Pereira participou no X certame de debuxo de Xunqueira de Ambía e  gañou  o 1º  premio. Debuxou a Lorena e os cadros con fíos  que fixemos con ela.

PARABÉNS  MATEO!!!!


                                   Mateo co diploma e os agasallos.