domingo, 29 de septiembre de 2019

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Os nenos de 4º A explican a mantis relixiosa aos de 1º

Hoxe pola maña os nenos de 4º colleron unha mantis relixiosa no patio e trouxérona para a clase de 1º e logo (dado que saben moito de animais) viñeron a explicarlle as caracerísticas da mesma. 
Toda unha experiencia!!! Grazas chicos pola vosa explicación.


domingo, 22 de septiembre de 2019

Traballamos as decenas.

Empezamos a traballar as unidades e as decenas. Cantas unidades hai nunha decena? O mellor é que o alumnado o comprobe  por él mesmo. Collemos palillos, contamos ata 10, poñémoslle unha goma e xa temos unha decena.
Deste xeito, ademais de diferenciar unidades de decenas, aprenden a poñer a goma que lles resulta bastante difícil ao comezo. Todo é cuestión de práctica.

sábado, 14 de septiembre de 2019

Xa estamos en primaria!!!

Moita ledicia por ver de novo aos amigos/as pero ao mesmo tempo nervios por ese cambio de infantil a primaria. Que pasará en primeiro? Poderemos xogar? Xa se deron conta que é todo máis sinxelo do que lle contan.
Un novo curso, novas experiencias, ilusións...moitas cousas que aprender e compartir.
Bemvidos/as a 1º.