miércoles, 18 de diciembre de 2019

Visita de Papá Noel

Hoxe tuvemos unha visita moi especial no noso cole: A de papá Noel.  Visitou a nosa clase e tróuxonos de agasallo un lápiz. Rematamos facendo unha foto con él.


sábado, 7 de diciembre de 2019

Xogo do rosco.

O xoves, coa axuda da profe Marta,  xogamos ao rosco na clase de primeiro.
Deste xeito, practicamos a lectura, a comprensión lectora, o estudado na aula, o traballo en equipo e ademais disfrutamos un montón.
Moitas grazas profe Marta pola túa axuda.
Podemos seguir practicando o xogo no seguinte enlace:
Xogo do rosco

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Día da discapacidade

O día 3 de Decembro celebramos o día da discapacidade. Este paraguas foi a nosa aportación para este acto


sábado, 23 de noviembre de 2019

Aprendemos a xogar ao xadrez

Onte estuvemos aprendendo a xogar ao xadrez. Veo á nosa aula unha profesora experta no tema e despois de explicarnos os nomes das pezas e os distintos movementos das mesmas puxémolo en práctica.
Continuaremos practicando algúns venres máis.


Explicamos o experimento aos compañeiros/as

Unha vez feito o experimento da vela na aula fomos polas diferentes aulas para explicarllo aos nosos compañeiros e compañeiras.

Xogo de rummikub

Breo trouxo un novo xogo á aula: o rummikub; un xogo de estratexia e planificación no que cada xogador deberá estar moi atento ás estratexias seguidas polos seus contrincantes,  xa que determinarán o modo de proceder de cada xogador.



miércoles, 13 de noviembre de 2019

Érase unha vez...

Hoxe fomos á escola de teatro onde nos contaron un conto. A continuación fixemos actividades relacionadas co mesmo e rematamos facendo un debuxo colectivo.

Experimento do volcán

O alumnado  de cuarto de primaria fíxo o experimento do volcán para o alumnado de primeiro.
Había moitas caras de sorpresa cando o volcán entraba en erupción.
Intercambiar experiencias sempre é algo moi positivo e enriquecedor.

jueves, 24 de octubre de 2019

Experimentamos.

Hoxe fixemos na clase un experimento.
Ante a pregunta: Precisa unha vela oxígeno? Houbo unha resposta unánime: Non!!!
Despois do experimento a resposta cambiou. Unha vela precisa de osíxeno para arder.


sábado, 19 de octubre de 2019

sábado, 12 de octubre de 2019

Los volcanes







La palabra Volcán procede del dios mitológico VULCANO que era el dios del fuego.
A Vulcano se le reconocía por su habilidad  a la hora de forjar el hierro para crear resistentes armaduras  y armas de los héroes.

lunes, 7 de octubre de 2019

Observamos unha libélula

O venres andaba unha libélula polo cole; asique aproveitamos a ocasión para collela e introducila nunha garrafa e asi poder estudar as súas características.
Comprobamos que é un insecto porque ten 6 patas, ás (catro), antenas, que é alongada...
Investigamos  e aprendemos que é o insecto máis veloz, que se alimenta de moscas, mosquitos e de outros insectos, que ten unha vista moi aguda e que os seus ollos son compostos...
Quixemos transmitir os nosos coñecementos a outras aulas. En grupos de dous fomos a tres clases diferentes e ensinamos a libélula e os nosos coñecementos.
Cando rematamos, liberámola para que continuara vivindo.

domingo, 29 de septiembre de 2019

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Os nenos de 4º A explican a mantis relixiosa aos de 1º

Hoxe pola maña os nenos de 4º colleron unha mantis relixiosa no patio e trouxérona para a clase de 1º e logo (dado que saben moito de animais) viñeron a explicarlle as caracerísticas da mesma. 
Toda unha experiencia!!! Grazas chicos pola vosa explicación.


domingo, 22 de septiembre de 2019

Traballamos as decenas.

Empezamos a traballar as unidades e as decenas. Cantas unidades hai nunha decena? O mellor é que o alumnado o comprobe  por él mesmo. Collemos palillos, contamos ata 10, poñémoslle unha goma e xa temos unha decena.
Deste xeito, ademais de diferenciar unidades de decenas, aprenden a poñer a goma que lles resulta bastante difícil ao comezo. Todo é cuestión de práctica.

sábado, 14 de septiembre de 2019

Xa estamos en primaria!!!

Moita ledicia por ver de novo aos amigos/as pero ao mesmo tempo nervios por ese cambio de infantil a primaria. Que pasará en primeiro? Poderemos xogar? Xa se deron conta que é todo máis sinxelo do que lle contan.
Un novo curso, novas experiencias, ilusións...moitas cousas que aprender e compartir.
Bemvidos/as a 1º. 

jueves, 13 de junio de 2019

Lingua de signos.



O alumnado de 3º e 1ºB participamos nun concurso de lingua de signos. Tuvemos a colaboración de Beti para que nos ensinara sobre esta lingua. Practicamos un montón. Para a grabación contamos coa axuda de David.
O resultado foi este vídeo que vos deixamos para que poidades velo.
Agradecémoslle a Beti e a David a súa axuda.
CANTO APRENDEMOS!!!!

martes, 11 de junio de 2019

El goalball


O alumnado de terceiro estuvo practicando este deporte coa axuda de Sandra na clase de Educación Física.
Puderon comprobar o difícil que é xogar cando a vista non nos acompaña. Unha boa forma de poñerse no lugar do outro.

domingo, 19 de mayo de 2019

Día das letras galegas

O día 17 de Maio, celebramos na asociación de veciños San Breixo, o día das letras galegas co seguinte programa:
-Representación da obra: o casamento da Pulga de Antonio Fraguas Fraguas. 
-Con lingua de signos representamos a canción: Este planeta é divertido.
-Obra de teatro: O mestre. 
-Baile tradicional: Camiño de Viseu. 
           

miércoles, 15 de mayo de 2019

Visitamos fábricas do Polígono

O día 30 de Abril visitamos no polígono de San Cibrao das Viñas 2 empresas: Orember-Finsa e ambulancias Rodríguez López.
Con cascos, chalecos e auriculares íbamos moi contentos. Unha guía íbanos dando todas as explicacións.
Rematamos con merenda e agasallos.
Logo pudemos comprobar  como unha furgoneta valeira íbase enchendo de camilla, bombonas de osíxeno, desfibrilador, mascarillas...
Unha mañá moi aproveitada.
            

miércoles, 8 de mayo de 2019

Día das artes galegas.

O día 1de Abril, dende fai 4 anos, celébrase o día das artes galegas. Este ano estuvo adicado a Luís Seoane.

domingo, 14 de abril de 2019

Club de lectura de Seixalbo

O alumnado de 3º A fixo uns debuxos para anunciar as xuntanzas do club de lectura da Asociación cultural de Seixalbo. 
Cada xuntanza vai anunciada cun debuxo. Empezaron co debuxo de Mateo.

Seguiron co debuxo de Alba.



domingo, 7 de abril de 2019

Pesamos lentellas.

Canto é medio Kilo? E un cuarto? Nada mellor que pesar para saber. E eso foi o que fixemos. Repartimos un  kilo de lentellas en bolsas de cuarto kilo.
Unha vez feita a práctica pasárono ao papel. 

Saída ao auditorio

O día 30 de Marzo fomos ao auditorio para ver a obra de teatro "Bon Appétit".
Unha obra moi simpática. Disfrutamos moito.

domingo, 31 de marzo de 2019

Día das artes galegas, 2019

 O día 1 de Abril celébrase o día das artes galegas que este ano está adicado a LUIS SEOANE.         
             




sábado, 9 de marzo de 2019

Observamos un ovo de oca

Samuel B. trouxo á clase un ovo de oca e explicou aos seus compañeiros/as as características do mesmo.
Moitas grazas Samuel.




sábado, 23 de febrero de 2019

A nosa experiencia con Sara.


Chegou a principio de curso, tímida, moi calada, observadora e con moita ilusión, a unha clase que non coñecía e con algúns meses por diante para aprender e compartir.
Foi recibida con moito cariño porque os nenos e nenas son así: moi cariñosos. 
A medida que iban pasando os días xa era unha máis da clase e aproveitaban calquera momento para  demandar  a súa axuda porque sempre se mostrou moi cariñosa, alegre e ilusionada. Eso percibían os nenos e nenas e por eso cando chegou o momento da súa despedida era todo un mar de lágrimas. 
Foron moitas as mostras de cariño porque Sara foi sementando todo iso e está claro que o que sementa, recolle.
Fíxonos moita ilusión compartir con Sara todos estos meses e sobre todo puden observar que é unha gran profesional, gran loitadora e con moitas ganas de aprender.
Persoas como Sara son as que precisamos en calquera profesión pero sobre todo na ensinanza.
Moitas grazas Sara por compartir con nós estos meses e deixar unha gran pegada.

Visita do alumnado de 5 anos



O mércores o alumnado de 5 anos veu á nosa clase para explicar o experimento da "pizarra máxica".
Que importante  e enriquecedor é  compartir, aprender uns dos outros. 

jueves, 14 de febrero de 2019

Visitamos unha exposición no centro Marcos Valcárcel

O dia 5 de Febreiro fomos ao centro Marcos Valcárcel para ver a exposición: Arte privada en Ourense onde estuvemos acompañados por unha guía que nos iba explicando as características dos diferentes cadros.
Esta exposición vai dende o século XVI ata o XX e con diferentes xéneros artísticos: paisaxe, retrato, escenas costumbristas e relixiosas, cadros de historia...Pudemos ver un cadro de Dalí, Sorolla, Ovidio Murguía de Castro, Ramón Parada Justel e rematamos coa representación humana  dun cadro de  Castelao " Festa na aldea". 
Continuamos a nosa saída visitando a plaza de abastos onde pudemos ver os diferentes postos: flores, froitas, verduras, carnes, peixes...
Voltamos ao centro moi contentos pola cantidade de cousas que vimos nesta saída.

miércoles, 30 de enero de 2019

Día escolar da non- violencia e a PAZ


Dende 1964, para conmemorar a morte de Ghandi, celébrase o 30 de Xaneiro o día da Non-Violencia e a PAZ.
Lémbrase a necesidade de educar na tolerancia, na solidariedade e no respecto dos Dereitos Humanos.

jueves, 24 de enero de 2019

A lingua de signos

O mércores veu á nosa clase, Beti, unha persoa que sabe moito de lingua de signos. Vai a vir máis días porque imos participar no concurso: "Cantamos con las manos", convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Beti vainos axudar. Estamos moi ilusionados!

jueves, 17 de enero de 2019

Aprendemos a reciclar cos bolechas.

Hoxe viñeron os bolechas ao cole para explicarnos a importancia de reciclar os aparellos eléctricos electrónicos. Os metales e demais elementos que poseen estos resíduos, son tóxicos e contaminan o medio ambiente, perxudicando o aire que respiramos, a terra e a auga.
Hoxe aprendemos que se non podemos reparalos temos que levalos ao punto limpo ou no establecemento onde merquemos o aparello novo.
Rematamos bailando todos xuntos un RAP relacionado co reciclado.
         

A auga

XOGO: A RULETA DA AUGA