miércoles, 28 de noviembre de 2018

Os nosos debuxos

Hoxe rematamos estos debuxos que fixemos para participar nun concurso do concello. Fixémolos con moita ilusión aínda que non ganemos. O importante é participar.

domingo, 25 de noviembre de 2018

Saímos de excursión.

O venres fomos de excursión. Empezamos visitando o Instituto Otero Pedraio. Fomos recibidos polo director do centro que nos acompañou ó corredor onde se atopaba a  exposición de aves. Había  moitas e moi variadas: quebrantaosos, águia, mouchos...Unha vez rematada visitamos a biblioteca, que nos sorprendeo pola cantidade de libros que alí agochaba. Un espazo que incitaba á lectura. Baixamos pola escaleira de pedra ata o Paraninfo, outra zona preciosa; e sentados nas cómodas butacas, pudemos admirar as súas pinturas e esculturas.
Un pequeno descando para merendar que o fixemos nun dos claustros do instituto que tiña mesas de pimpon.
Saímos xa para outra visita interesante na carpa do xardín: O ártico rompe. A guía íbanos explicando todo o que esconde o ártico: plantas, animais, formas de vida...Que intesante!!! 
Non podíamos rematar sin dar un paseo polo xardin para ver os animais que alí hai e as árbores cubertas de líquenes. 
Regresamos algo cansados pero con algo máis de sabiduría.

sábado, 10 de noviembre de 2018

Celebramos o magosto


O venres celebramos o magosto no cole, fixemos moitos xogos e logo comemos castañas, chocolate e bizcoito,

sábado, 3 de noviembre de 2018

Ollos con porexpan

Despois de estudar os ollos, as súas partes, a protección dos mesmos e a hixiene,  Martiño sorpréndenos cuns ollos feitos con boliñas de porexpan e que comparte cos seus compañeiros. 

O sistema solar

Despois de estudar o Sistema Solar  en ciencias sociais, o alumnado de terceiro fixemos na clase de plástica este mural   e así coñecer mellor o tamaño dos planetas e a distancia que están do Sol.