sábado, 29 de septiembre de 2018

Traballamos as naturais na clase de E.F.


A educación física e as ciencias naturais manteñen unha relación en certos contidos de ensinanza que permite unha aprendizaxe significativa no conceptual, psicomotor e socio-afectivo destas disciplinas.
O xoves, e en colaboración coa profe de E.F. o alumnado pudo afianzar coñecementos adquiridos na aula a través de diferentes actividades motivadoras.
Esperamos poder continuar con máis actividades deste tipo ao longo do curso. 
Moitas grazas Marta por axudar a que esto sexa posible.

lunes, 24 de septiembre de 2018

Xa somos maiores!!!


Empezamos novo curso e cambiamos de aula. Despois do reencontro cos amigos e amigas, de contarnos as novidades que aconteceron no verán, seguiremos vivindo e compartindo novas experiencias e aprendizaxes.

martes, 11 de septiembre de 2018

NOVO CURSO, NOVAS EXPERIENCIAS. EMPEZAMOS!!!!

Un novo curso comeza con moita ilusión e ganas,  con novas experiencias e aprendizaxes que compartiremos día a día.