lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro

Hoxe celebramos no cole o día do libro. Este ano o alumnado co ceip plurilingüe de Seixalbo contou coa representación dunha pequena obra de teatro levada a cabo por un grupo de profesoras do centro.
"Soños nos andeis" é a obra que seguio con gran atención todo o alumnado.
Tamén fixemos un mural sobre o mesmo, no que cada nena/o decoraba o lomo do seu libro preferido.


martes, 3 de abril de 2018

HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS


Estamos participando no proxecto de "MENIÑOS"  e para levar a cabo estas actividades, contamos coa axuda e colaboración da profe de E.F. Marta.
Fixemos os seguintes xogos:
1º: "AROS MUSICAIS COOPERATIVOS".  Ao principio cada neno/a ten un aro pero a medida que avanza o xogo quedan menos aros e terán que meterse xunto con compañeiros/as dentro do mesmo aro.
2º : "CARREIRA DE CARACOIS".  Establécese un percorrido e terán  que facelo a cámara lenta ata chegar á meta.
3º : "SEGUINDO A MÚSICA".   Ten que bailar as cancións seguindo unhas indicacións.
Con estos xogos pretendemos traballar as habilidades socioemocionais, a resolución de conflitos e a regulación emocional.
Moitas grazas Marta. Foi unha clase fantástica.