domingo, 23 de diciembre de 2018

FELICES FESTAS!


Festival de nadal

Como en anos anteriores e chegando as vacacións de Nadal, fixemos o festival. O alumnado de 3º A representou dúas obras de teatro:
   -Ir á escola non amola de Fina Casalderrey. 
   -A tristura dunha nena.
Traballaron un montón pero conseguiron que a posta en escea fora todo un éxito.
Noraboa a estos nenos e nenas polo seu traballo e esforzo.

Visítanos Papá Noel


domingo, 16 de diciembre de 2018

Observamos e tocamos un ril

Despois de facer a matanza, Samuel trouxo á clase un ril de porco.  Primeiro observamos como era por fóra e a continuacion cortámolo pola metade e pudemos observar o seu interior. 
Grazas Samuel!

Susa Herrera

O venres veo ao noso cole SUSA HERRERA. Pudemos disfrutar dos seus contos cantados de animais: o crocodilo, o elefante, a xoaniña, o gatiño... Disfrutamos un montón.




domingo, 2 de diciembre de 2018

Visualizamos os ollos dun porco.

Despois de estudar e memorizar o sentido da vista, fixemos a práctica do mesmo grazas a que Brais nos trouxo os ollos do porco.
Así pudemos ver todas as partes e algo que nos resultou moi interesante foi ver o cristalino: unha especie de boliña diminuta. Tamén vimos o nervio óptico.
Entre estos ollos e os feitos con anterioridade por Martiño, podemos dicir que nos quedou bastante claro.
                               GRAZAS BRAIS!!!

miércoles, 28 de noviembre de 2018

Os nosos debuxos

Hoxe rematamos estos debuxos que fixemos para participar nun concurso do concello. Fixémolos con moita ilusión aínda que non ganemos. O importante é participar.

domingo, 25 de noviembre de 2018

Saímos de excursión.

O venres fomos de excursión. Empezamos visitando o Instituto Otero Pedraio. Fomos recibidos polo director do centro que nos acompañou ó corredor onde se atopaba a  exposición de aves. Había  moitas e moi variadas: quebrantaosos, águia, mouchos...Unha vez rematada visitamos a biblioteca, que nos sorprendeo pola cantidade de libros que alí agochaba. Un espazo que incitaba á lectura. Baixamos pola escaleira de pedra ata o Paraninfo, outra zona preciosa; e sentados nas cómodas butacas, pudemos admirar as súas pinturas e esculturas.
Un pequeno descando para merendar que o fixemos nun dos claustros do instituto que tiña mesas de pimpon.
Saímos xa para outra visita interesante na carpa do xardín: O ártico rompe. A guía íbanos explicando todo o que esconde o ártico: plantas, animais, formas de vida...Que intesante!!! 
Non podíamos rematar sin dar un paseo polo xardin para ver os animais que alí hai e as árbores cubertas de líquenes. 
Regresamos algo cansados pero con algo máis de sabiduría.

sábado, 10 de noviembre de 2018

Celebramos o magosto


O venres celebramos o magosto no cole, fixemos moitos xogos e logo comemos castañas, chocolate e bizcoito,

sábado, 3 de noviembre de 2018

Ollos con porexpan

Despois de estudar os ollos, as súas partes, a protección dos mesmos e a hixiene,  Martiño sorpréndenos cuns ollos feitos con boliñas de porexpan e que comparte cos seus compañeiros. 

O sistema solar

Despois de estudar o Sistema Solar  en ciencias sociais, o alumnado de terceiro fixemos na clase de plástica este mural   e así coñecer mellor o tamaño dos planetas e a distancia que están do Sol.

miércoles, 31 de octubre de 2018

O samaín no cole

O martes celebramos o Samaín. Dende fai xa bastantes anos, as familias participan  con cabazas decoradas, onde poñen a proba a súa creatividade. Esta exposición levouse á cabo na biblioteca do centro na que tamén había expostos libros con títulos terrroríficos.
A partir das 17 h. visitaron a exposición as familias.

miércoles, 17 de octubre de 2018

A táboa de multiplicar do número 6



Dúas cancións diferentes para memorizar a táboa do 6

Vemos, tocamos e aprendemos.

Estamos aprendendo os ósos e os músculos e aproveitamos para observar os dunha vaca; así resulta moito máis sinxelo, aínda que algunhos non lles gustaba nada tocar.

sábado, 6 de octubre de 2018

Experimentamos.

Que ocorre cando tapamos unha vela que está encendida? Con este experimento comprobamos que a vela precisa oxígeno para arder. Cando xa non o hai, a vela apágase e a  auga sube dentro do vaso pola diferencia de presión.

sábado, 29 de septiembre de 2018

Traballamos as naturais na clase de E.F.


A educación física e as ciencias naturais manteñen unha relación en certos contidos de ensinanza que permite unha aprendizaxe significativa no conceptual, psicomotor e socio-afectivo destas disciplinas.
O xoves, e en colaboración coa profe de E.F. o alumnado pudo afianzar coñecementos adquiridos na aula a través de diferentes actividades motivadoras.
Esperamos poder continuar con máis actividades deste tipo ao longo do curso. 
Moitas grazas Marta por axudar a que esto sexa posible.

lunes, 24 de septiembre de 2018

Xa somos maiores!!!


Empezamos novo curso e cambiamos de aula. Despois do reencontro cos amigos e amigas, de contarnos as novidades que aconteceron no verán, seguiremos vivindo e compartindo novas experiencias e aprendizaxes.

martes, 11 de septiembre de 2018

NOVO CURSO, NOVAS EXPERIENCIAS. EMPEZAMOS!!!!

Un novo curso comeza con moita ilusión e ganas,  con novas experiencias e aprendizaxes que compartiremos día a día.

martes, 3 de julio de 2018

Felices vacacións

Rematou o curso. Agora toca descansar  e disfrutar. 
Aquí vos quedan fotos de actividades e saídas que fixemos ao longo do curso  e que podedes descargar.
FELIZ VERÁN!

lunes, 18 de junio de 2018

Visitamos o salón de plenos e paseamos pola zona vella.

Este ano ao longo do curso tuvemos varios contactos co Sr. Alcalde, tanto por correo electrónico como personalmente. Primeiro visitou él a nosa aula e o mércores recibiunos no salón de plenos.
Pudemos ver onde se discuten e toman as decisións da nosa cidade.

Cando saímos  paseamos polas rúas da zona vella e visitamos as burgas e a catedral.
             

Ao día seguinte saímos no periódico.

lunes, 11 de junio de 2018

Flauta de pan

Añel trouxo á clase unha flauta de pan.Un instrumento que él elaborou xunto co seu pai. Está formado por varios tubos verticais unidos. Cando se sopla pola parte aberta emite un sonido similar a unha flauta.
É un instrumento propio da cordillera dos Andes.





sábado, 26 de mayo de 2018

Sleeping beauty

Onte fomos a ver ao auditorio a representación en inglés da obra "Sleeping beauty".
Aínda que a representación foi en inglés, o alumnado disfrutou moito.

martes, 15 de mayo de 2018

Sementamos

                              

Hoxe pola tarde fomos a sementar leitugas coa profe Ánxela. Despois de tantos anos sementando xa somos uns expertos.

domingo, 6 de mayo de 2018

APRENDER A EMPRENDER

Dende fai tres venres vimos participando no proxecto de Junior Achievement sobre aprender a emprender e aínda nos quedan dous venres máis.
Para levar a cabo este proxecto contamos coa axuda da voluntaria, Rosa Casares Prieto.

PRIMEIRA SESIÓN: NUESTRA CIUDAD.
Estudamos as distintas zonas que hai nunha cidade e a importancia do "arquitecto/a urbanista"



SEGUNDA SESIÓN: CONSTRUYENDO UNA CIUDAD.
Definición de construcción, interpretar un plano, a escala de medida e diferentes edificios que hai nunha cidade.





TERCEIRA SESIÓN: COMIENDO FUERA DE CASA.
Nesta sesión coñeceremos o significado das palabras: consumidor, productor, empresario e logotipo.
Estudaremos os pasos a seguir para montar un restaurante:  zona de ubicación, nome do restaurante, logotipo, tipo de comida, prezo do menú, publicidade e personal que contratamos para traballar nel.





CUARTA SESIÓN: HACIENDO UN PERIÓDICO.
O alumnado examinará o papel do periódico como ferramenta de comunicación para unha cidade, así como analizarán o traballo dun periodista. O seu papel será crear e organizar titulares e artigos para o periódico da cidade.







QUINTA SESIÓN:  EL BANCO EN NUESTRA CIUDAD.
Na quinta e última sesión recoñecerán a importancia doutro negocio para a economía dunha cidade: o banco.
A través de xogos, o alumnado coñecerá os distintos traballos que as persoas poden realizar nun banco e aprenderán a realizar operacións cos bancos.








lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro

Hoxe celebramos no cole o día do libro. Este ano o alumnado co ceip plurilingüe de Seixalbo contou coa representación dunha pequena obra de teatro levada a cabo por un grupo de profesoras do centro.
"Soños nos andeis" é a obra que seguio con gran atención todo o alumnado.
Tamén fixemos un mural sobre o mesmo, no que cada nena/o decoraba o lomo do seu libro preferido.


martes, 3 de abril de 2018

HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS


Estamos participando no proxecto de "MENIÑOS"  e para levar a cabo estas actividades, contamos coa axuda e colaboración da profe de E.F. Marta.
Fixemos os seguintes xogos:
1º: "AROS MUSICAIS COOPERATIVOS".  Ao principio cada neno/a ten un aro pero a medida que avanza o xogo quedan menos aros e terán que meterse xunto con compañeiros/as dentro do mesmo aro.
2º : "CARREIRA DE CARACOIS".  Establécese un percorrido e terán  que facelo a cámara lenta ata chegar á meta.
3º : "SEGUINDO A MÚSICA".   Ten que bailar as cancións seguindo unhas indicacións.
Con estos xogos pretendemos traballar as habilidades socioemocionais, a resolución de conflitos e a regulación emocional.
Moitas grazas Marta. Foi unha clase fantástica.



sábado, 10 de marzo de 2018

Garbancito en la barriga del buey


           

Piet Mondrian

           
   

Charla bucocental

O luns tuvemos a sorte de contar con 5 alumnas do CIFP  "A carballeira" que están estudando para hixienistas bucodentais.
Primeiro explicáronnos cunha proxección e de xeito moi ameno  a boca e os dentes, o seu coidado, limpeza...e logo xa na biblioteca explicáronnos un conto, pintamos uns debuxos e participamos en xogos.
Agasalláronnos cun ratiño feito de goma eva para gardar os dentes e un diploma.
Moi interesante. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.
                                  

lunes, 26 de febrero de 2018

Explicamos a reciclase ao alcalde, que nos visita na aula.

Hoxe contamos coa visita do alcalde de Ourense, D. Jesús Vázquez. Explicámoslle o proceso de reciclado e o compromiso que temos firmado para coidar o noso planeta.
A través  dun vídeo, explicámoslle todo o proceso. Tamén lle fixemos entrega dun pequeno libro con debuxos.
Agora que xa temos contenedor de papel é todo máis doado.