martes, 28 de noviembre de 2017

Disfrutamos na clase de E.F.

                 
"OS VENTOS DE CALMA E DA TORMENTA", foi un dos xogos que fixemos en E.F.
Céfiro é un vento suave que trae as brisas de primavera e cando él aparece desplazaránse amodo, respirando suavemente.  Noto é o vento que trae as tormentas e teñen que moverse rápidamente e fará que a súa respiración se axite.
Outra variedade foi con muíños de vento que fixeron anteriormente.
"GYMKANA", circuito ao que darán tres voltas incrementando a dificultade en cada unha delas.
Moitas grazas profe MARTA!!!

sábado, 25 de noviembre de 2017

Experimento: O ovo saltarín

Que precisamos para facer este experimento?  
-Un bote de cristal.
-Un ovo
-Vinagre 
Introducimos nun bote de cristal un ovo, cubrímolo con vinagre e pasadas 48 horas xa temos un ovo saltarín.                    
                                        

sábado, 11 de noviembre de 2017

O MAGOSTO

         
Onte celebramos o magosto no noso cole. Despois do recreo participamos en xogos organizados pola profe de Educación Física.  Cada vez que sonaba o silbato tíñamos que cambiar de xogo e así ata 9 que había en total.  
Os nenos e nenas de E.I. tiñan circuito aparte.
Que ben o pasamos, aínda que algún andaba co pé escaiolado.
Xa pola tarde comemos as castañas asadas.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Exposición sobre a auga.

Hoxe fomos ata o xardín do posio para ver a exposición que había sobre a auga, a importancia da auga nas nosas vidas, a necesidade que temos de coidar o noso planeta e o aforro de auga.
Aproveitamos tamén para dar un paseo polo xardín do posío e os nenos e nenas disfrutaron vendo os animais e a variedade de árbores que hai dentro do recinto.




martes, 7 de noviembre de 2017

GAUDÍ


Gaudí foi un arquitecto catalán recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina.
Foi un atento observador da natureza. 
A súa obra é a búsqueda da perfección do arte, da perfección persoal e da perfección da sociedade humana.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Celebramos o Samain

            
Despois de facer esqueletos, pintar calaveras, disfrutar cunha merenda, rematamos o samain cunha exposición de cabazas no salón de actos do centro mentras se proxectaba un video: "Os maiores tamén contan".