martes, 24 de octubre de 2017

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe foi  o día das bibliotecas escolares. Para celebralo no noso cole fomos pola tarde ao salón de actos para ver un corto que se titulaba: "El increíble niño come libros". 
Logo entregáronlle o premio á gañadora do concurso: "Búscase mascota para a biblioteca" que foi a alumna de 5º de primaria: Carla  Neira  co búho Leo.  NORABOA!!!
Rematamos todos: profes e alumnos coa canción da biblioteca que xa levaban días ensaiando coa profe Yolanda. 
UNHA TARDE DIFERENTE!!!








domingo, 22 de octubre de 2017

ESCOLLENDO A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Participamos nun concurso para escoller a mascota da biblioteca. Houbo unha preselección e o finalista elexímolo entre todos os alumnos/as do centro.  A máis votada será a nosa mascota.




lunes, 16 de octubre de 2017

NON MÁIS LUME

Non queremos bosques negros, queremos bosques verdes; foi o que reivindicamos os  profes e os alumnos do C.E.I.P. de Seixalbo.        O que ardeu en 24 horas tardaremos moitos anos en recuperalo. Que inxusto e que impotencia.

          
          



domingo, 8 de octubre de 2017

EXPLICACIÓN EN INFANTIL

E chegou o momento. Colleron o niño e toda a documentación que necesitaban e en grupos de 5 foron polas clases con moita ilusión  explicando todo o que sabían.

martes, 3 de octubre de 2017

PREPARANDO A EXPLICACIÓN DO NIÑO





Despois de investigar sobre o niño e os ovos que temos na clase, están preparando a exposición para explicar nas aulas de infantil.