jueves, 28 de septiembre de 2017

Ensaio da canción do día da biblioteca

A profe de música, Yolanda, está ensaiando unha fermosa canción para  cantar o día da Biblioteca.
Que ben o pasan!!!
          

OVOS DE MIRLO COMÚN

A semana pasada trouxéronnos á clase un niño con 2 ovos. Os ovos eran azuis con pintas marróns.
De que ave sería este niño? 
Empezamos a investigar e vimos que era de MIRLO COMÚN.
O macho é negro co pico laranxa e a femia é marrón.
Según a investigación que trouxo un neno, o macho vai a buscar o necesario para facer  o niño e a femia é a encargada de facelo.
Parece imposible que este niño sexa feito por un paxaro! comentaba un neno mentras o observaba.
A incubación dura aproximadamente 15 días pero por causas que non sabemos, a femia abandonou o niño antes de que naceran.
Con esta información que recollemos e en grupos de 5, iremos a explicalo aos nenos e nenas de infantil.
Que mellor explicación!!!

             

             

          

sábado, 23 de septiembre de 2017

CONCEPCIÓN ARENAL

Este tema  xurdíu porque un compañeiro de clase marchou para o centro de Concepción Arenal e empezamos a preguntarnos o porqué tiña este nome.
Investigamos un pouco e descubrimos que foi unha importante escritora que destaca nos seus escritos a defensa dos dereitos das mulleres e denuncia a situación das cárceres dos homes e mulleres.
Foi curioso tamén para eles descubrir que tuvo que disfrazarse de home para poder entrar na universidade. 
Ademais do colexio tamén analizamos a estatua que está na plaza do mesmo nome.


viernes, 15 de septiembre de 2017

lunes, 11 de septiembre de 2017

1º día de clase

Que alegria volver a encontrarnos!. Despois de todo o verán apetece ver aos compañeiros e amigos.
Este ano comezamos dun xeito distinto: deseñando o noso espazo de traballo. Entre todos decidiron cómo e onde querían colacar  o mobiliario, mapas, murais...e en breve faremos as normas de aula.
Aprender disfrutando non son incompatibles.


jueves, 7 de septiembre de 2017

COMEZA O CURSO!!!

Queridas familias:
Rematan as vacacións e comeza un novo curso escolar cargado de ilusións e novas espectativas.
Agardamos  que este período de descanso fora reparador e veñan coa  mochila chea de ganas de aprender, compartir e disfrutar de novas experiencias.