lunes, 25 de diciembre de 2017

Festival de Nadal

              
Como tódolos anos por estas datas, facemos o festival de nadal no cole. Os nenos de 2º A representaron dúas obras de teatro: O chirlo Merlo e Relámpago.
Tanto nos ensaios como na posta en escena disfrutamos un montón.
Noraboa a eles polo esforzo e traballo tan ben feito!

martes, 19 de diciembre de 2017

Medimos

Xa somos uns expertos en medir. Hoxe medimos a entrada do salón de actos para mercar unha alfombra. As matemáticas aplicadas á vida real.

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Circopeta

Actuación no auditorio o día 4 de Decembro.
Divertido espectáculo de percusión formado por catro músicos do rural galego que conta con instrumentos da vida cotiá.

             

martes, 28 de noviembre de 2017

Disfrutamos na clase de E.F.

                 
"OS VENTOS DE CALMA E DA TORMENTA", foi un dos xogos que fixemos en E.F.
Céfiro é un vento suave que trae as brisas de primavera e cando él aparece desplazaránse amodo, respirando suavemente.  Noto é o vento que trae as tormentas e teñen que moverse rápidamente e fará que a súa respiración se axite.
Outra variedade foi con muíños de vento que fixeron anteriormente.
"GYMKANA", circuito ao que darán tres voltas incrementando a dificultade en cada unha delas.
Moitas grazas profe MARTA!!!

sábado, 25 de noviembre de 2017

Experimento: O ovo saltarín

Que precisamos para facer este experimento?  
-Un bote de cristal.
-Un ovo
-Vinagre 
Introducimos nun bote de cristal un ovo, cubrímolo con vinagre e pasadas 48 horas xa temos un ovo saltarín.                    
                                        

sábado, 11 de noviembre de 2017

O MAGOSTO

         
Onte celebramos o magosto no noso cole. Despois do recreo participamos en xogos organizados pola profe de Educación Física.  Cada vez que sonaba o silbato tíñamos que cambiar de xogo e así ata 9 que había en total.  
Os nenos e nenas de E.I. tiñan circuito aparte.
Que ben o pasamos, aínda que algún andaba co pé escaiolado.
Xa pola tarde comemos as castañas asadas.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Exposición sobre a auga.

Hoxe fomos ata o xardín do posio para ver a exposición que había sobre a auga, a importancia da auga nas nosas vidas, a necesidade que temos de coidar o noso planeta e o aforro de auga.
Aproveitamos tamén para dar un paseo polo xardín do posío e os nenos e nenas disfrutaron vendo os animais e a variedade de árbores que hai dentro do recinto.




martes, 7 de noviembre de 2017

GAUDÍ


Gaudí foi un arquitecto catalán recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina.
Foi un atento observador da natureza. 
A súa obra é a búsqueda da perfección do arte, da perfección persoal e da perfección da sociedade humana.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Celebramos o Samain

            
Despois de facer esqueletos, pintar calaveras, disfrutar cunha merenda, rematamos o samain cunha exposición de cabazas no salón de actos do centro mentras se proxectaba un video: "Os maiores tamén contan".

martes, 24 de octubre de 2017

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe foi  o día das bibliotecas escolares. Para celebralo no noso cole fomos pola tarde ao salón de actos para ver un corto que se titulaba: "El increíble niño come libros". 
Logo entregáronlle o premio á gañadora do concurso: "Búscase mascota para a biblioteca" que foi a alumna de 5º de primaria: Carla  Neira  co búho Leo.  NORABOA!!!
Rematamos todos: profes e alumnos coa canción da biblioteca que xa levaban días ensaiando coa profe Yolanda. 
UNHA TARDE DIFERENTE!!!








domingo, 22 de octubre de 2017

ESCOLLENDO A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Participamos nun concurso para escoller a mascota da biblioteca. Houbo unha preselección e o finalista elexímolo entre todos os alumnos/as do centro.  A máis votada será a nosa mascota.




lunes, 16 de octubre de 2017

NON MÁIS LUME

Non queremos bosques negros, queremos bosques verdes; foi o que reivindicamos os  profes e os alumnos do C.E.I.P. de Seixalbo.        O que ardeu en 24 horas tardaremos moitos anos en recuperalo. Que inxusto e que impotencia.

          
          



domingo, 8 de octubre de 2017

EXPLICACIÓN EN INFANTIL

E chegou o momento. Colleron o niño e toda a documentación que necesitaban e en grupos de 5 foron polas clases con moita ilusión  explicando todo o que sabían.

martes, 3 de octubre de 2017

PREPARANDO A EXPLICACIÓN DO NIÑO





Despois de investigar sobre o niño e os ovos que temos na clase, están preparando a exposición para explicar nas aulas de infantil.

jueves, 28 de septiembre de 2017

Ensaio da canción do día da biblioteca

A profe de música, Yolanda, está ensaiando unha fermosa canción para  cantar o día da Biblioteca.
Que ben o pasan!!!
          

OVOS DE MIRLO COMÚN

A semana pasada trouxéronnos á clase un niño con 2 ovos. Os ovos eran azuis con pintas marróns.
De que ave sería este niño? 
Empezamos a investigar e vimos que era de MIRLO COMÚN.
O macho é negro co pico laranxa e a femia é marrón.
Según a investigación que trouxo un neno, o macho vai a buscar o necesario para facer  o niño e a femia é a encargada de facelo.
Parece imposible que este niño sexa feito por un paxaro! comentaba un neno mentras o observaba.
A incubación dura aproximadamente 15 días pero por causas que non sabemos, a femia abandonou o niño antes de que naceran.
Con esta información que recollemos e en grupos de 5, iremos a explicalo aos nenos e nenas de infantil.
Que mellor explicación!!!

             

             

          

sábado, 23 de septiembre de 2017

CONCEPCIÓN ARENAL

Este tema  xurdíu porque un compañeiro de clase marchou para o centro de Concepción Arenal e empezamos a preguntarnos o porqué tiña este nome.
Investigamos un pouco e descubrimos que foi unha importante escritora que destaca nos seus escritos a defensa dos dereitos das mulleres e denuncia a situación das cárceres dos homes e mulleres.
Foi curioso tamén para eles descubrir que tuvo que disfrazarse de home para poder entrar na universidade. 
Ademais do colexio tamén analizamos a estatua que está na plaza do mesmo nome.


viernes, 15 de septiembre de 2017

lunes, 11 de septiembre de 2017

1º día de clase

Que alegria volver a encontrarnos!. Despois de todo o verán apetece ver aos compañeiros e amigos.
Este ano comezamos dun xeito distinto: deseñando o noso espazo de traballo. Entre todos decidiron cómo e onde querían colacar  o mobiliario, mapas, murais...e en breve faremos as normas de aula.
Aprender disfrutando non son incompatibles.


jueves, 7 de septiembre de 2017

COMEZA O CURSO!!!

Queridas familias:
Rematan as vacacións e comeza un novo curso escolar cargado de ilusións e novas espectativas.
Agardamos  que este período de descanso fora reparador e veñan coa  mochila chea de ganas de aprender, compartir e disfrutar de novas experiencias.

domingo, 4 de junio de 2017

PRESENTACIÓN DE TELEDIARIOS

                                            Presentamos as novas da nosa aula.

viernes, 2 de junio de 2017

PEQUENOS INVENTORES

En gran grupo e sobre unha base de papel contínuo imos colocando libremente diferentes obxectos e facendo pequenas  composicións. Logo poñémoslle título.
 Eles mesmos se definiron como "pequenos inventores".


lunes, 22 de mayo de 2017

PESÁMONOS E FACEMOS A GRÁFICA

Para que serven as matemáticas? Intentamos poñer en práctica a súa utilidade e para elo cada neno e nena ten que pesarse e decirllo aos seus compañeiros e así completar a táboa. Unha vez completa facemos a gráfica correspondente, analizámola e facemos problemas relacionados coa mesma.


jueves, 18 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 SEIXALBO

O día 17 de Maio, celebramos as letras galegas no centro cultural "AS AGROMADAS" de Seixalbo. Ademais de recitar unhas poesias, había unha exposición de carteis de Carlos Casares e as ilustracións das columnas, feitas polo alumnado do colexio. que durante moitos anos participou este escritor no periódico da Voz de Galicia.

lunes, 15 de mayo de 2017

Aprender a emprender

Os nenos e nenas de 1º A estuvemos participando nun proxecto de aprender a emprender que está dirixido par JUNIOR ACHIEVEMENT. O tema que traballamos foi: A COMUNIDADE. Durante 5 sesións estuvo con nós na clase unha persoa especialista no tema que fixo actividades e xogos relacionados co mesmo. Foron sesións moi divertidas nas que aprendemos moito.

sábado, 6 de mayo de 2017

Cal é a túa habilidade?

Esta actividade fixémola en colaboración coa profesora de E.F. e dentro do ximnasio.
Os pasos foron os seguintes:
- Escribimos en papel contínuo a letra da canción que colocamos na parede.
- Os nenos e nenas sentáronse en círculo.
-Facíamos preguntas:
                            Quen sabe atar os cordóns?
                            Quen sabe vestirse só?
                            Quen sabe por a mesa?...
-A continuación cada alumno-a tiña que dicir en que era bon, cal era a súa habilidade, e despois da posta en común tiña que escribila nunha cartolina.
-Cantamos a canción coas habilidades de cada un.

lunes, 24 de abril de 2017

Inauguración da biblioteca

Despois dalgúns meses cerrada para nova catalogación e reorganización e aproveitando que o día 23 de Abril foi o  día do libro,  hoxe celebramos a  inauguracion da biblioteca  con novos libros. Podemos volver a disfrutar deste espazo tanto de lectura como de préstamo.
Tódolos nenos, nenas  e profes do centro recibiron un agasallo.

jueves, 16 de marzo de 2017

FACEMOS CONSTRUCIÓNS CON GARABANZOS

Con garabanzos e palillos fixemos cantidade de construcións. Deixamos que aflore a creatividade de cada neno/a.



jueves, 16 de febrero de 2017

TALLER DE ENTROIDO

O martes  no noso cole contamos con  persoal do concello e estuvemos facendo as comadres e compadres . O xoves de comadres iremos á plaza maior para festexar  este día.

martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Onte celebramos o día mundial pola paz,  Un acto moi emotivo. O salón de actos estaba decorado con murais, pombas e poesías relativas ao tema.  Tódolos nenos e nenas do centro fixeron un clavel blanco que colocaron en macetas e rematamos coa canción de PAZ, PAZ, PAZ  de Juanes.
Esta conmemoración foi coordinada pola profe de E.F.: Marta