sábado, 28 de mayo de 2016

OS XOGADORES DO EQUIPO DE SEIXALBO VISITARON A NOSA CLASE



Un grupo de xogadores do deportivo seixalbo visitaron algunhas clases do centro, entre elas a de 1º A. Que altos eran en comparación con nós!!! No campo parecen máis pequenos, decía un neno.

sábado, 21 de mayo de 2016

"EDUCA CON ARTE"


O día das letras galegas recitamos poemas de Manuel María e inauguramos a exposición "Educa con arte" no centro cívico de Seixalbo. Esta exposición está feita con materiais de refugallo e participan o noso centro e o de Virxe de Covadonga.

martes, 3 de mayo de 2016

O SISTEMA SOLAR

sistema solar está formado pola terra  e outros obxectos astronómicos que xiran directa ou indirectamente nunha órbita arredor dunha única estrela que é o Sol.

Os planetas do sistema solar son:


-Interiores. Son os máis cercanos e considerablemente máis pequenos e están formados por rocha e metal. Son: Mercurio, Venus, A Terra e Marte. 

-Exteriores. Están máis alonxados e están compostos de xeo e gases. Estos planetas son: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.


                                         

                                                            XOGOS:

                                                          Ordenando os planetas

                                                           Adiviña os planetas

                                                Para colorear os planetas




lunes, 2 de mayo de 2016

PLANTAMOS NO HORTO




PESÁMONOS E FACEMOS A GRÁFICA








Que mellor maneira que representar nunha gráfica o peso dos nenos e nenas da nosa clase!!!
Quen pesa máis? Quen pesa menos?
Nunha táboa fomos anotando os datos  de cada neno e nena despois de pesarse. Unha vez completada fixemos a gráfica correspondente.

domingo, 1 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Dado que o día 23 de Abril era sábado, celebramos o día do libro o venres día 22.
Para conmemorar este día, cada alumno de 5º de primaria, apadriñaba e  líalle un conto, previamente seleccionado, a dous nenos de 1º de primaria. Logo facíanlle preguntas e remataban con un debuxo do mesmo.
Tantos padriños e madriñas como afillados estaban encantados con esta experiencia que resultou ser moi agradable e enriquecedora.