domingo, 18 de diciembre de 2016

Cantos nenos e nenas hai no noso cole?

Queríamos saber cantos nenos e nenas somos no C.E.I.P. plurilingüe de Seixalbo.
Para levar a cabo esta investigación, dividímonos en 4 grupos e fomos polas clases preguntando o número de nenos e nenas que había en cada unha. Cubrimos a ficha correspondente e despois de facer as operacións concluímos que o alumnado deste cole é de 203.
Representamos nunha gráfica os nenos e nenas que hai en cada aula.
          

domingo, 4 de diciembre de 2016

domingo, 6 de noviembre de 2016

"FANTASÍA" DE WALT DISNEY NO AUDITORIO

O venres. os alumnos e alumnas de primeiro fomos ao auditorio para ver a proxección da película "FANTASÍA"  de Walt Disney.  O obxectivo é inculcar o gusto pola música clásica dun xeito ameno e divertido.




Aquí queda unha pequena mostra: EL APRENDIZ DE BRUJO

               

lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de Outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Nós celebramos este día:

-Coa presentacíón  para este curso do novo cartel de MINIA REGOS: "Biblioteca escolar-Territorio das Artes"

-Visionado do corto de animación gañador dun Óscar no ano 2011: "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore".

Completamos esta sesión cun pequeno debate sobre o mesmo e un debuxo



             

jueves, 20 de octubre de 2016

DECORAMOS A NOSA PORTA DE AULA

Ilusión, cariño, ledicia, respecto, fantasía, amizade... é o que queremos que predomine na nosa clase, non só coñecementos.



sábado, 8 de octubre de 2016

Os pulmóns e o corazón

Tocar e ver, unha forma de aprender. Despois de estudar o corazón e os pulmóns, puderon tocalos e velos xa que pudemos conseguir os dunha vaca: o corazón por dentro, os alvéolos pulmonares, as arterias...todo ao seu alcance.

domingo, 2 de octubre de 2016

Experimentamos

Experimentar, ver o que sucede. Eso foi o que fixemos cunha laranxa: flota ou fúndese? Depende.
Logo explicámolo en papel.            
          

domingo, 18 de septiembre de 2016

Traballamos as decenas e as unidades

Non hai mellor forma de aprender que tocando e facendo. Para aprender as unidades e decenas traballamos con palillos. Contamos 10 palillos, poñémoslle unha goma  e facemos unha decena.
QUE DIVERTIDO É!!!

lunes, 6 de junio de 2016

GOALBALL

Hoxe pola mañán tuvemos a sorte de contar con Sandra, unha profe especialista en braille e en deportes para invidentes. Para chegar ao ximnaxio, a metade da clase era invidente e a outra metade eran os guías.
Cando chegamos ao ximnasio e despois de correr sin ver nada xogamos ao goalball. Este xogo, de 3 xogadores cada equipo, básase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, que leva no seu interior cascabeles que soan ao movemento do balón. Este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial.
Para poder xogar foi preciso marcar o campo e para elo contamos coa axuda e colaboración do profe de E.F.
MOITAS GRAZAS A JUAN E A SANDRA .


domingo, 5 de junio de 2016

PRESENTAMOS AS NOVAS DA NOSA AULA

Despois de levar varios días facendo de metereólogos, aprendemos a presentar as noticias que ocorren na nosa aula pero antes facemos unha posta en común sobre o que queremos contar e facemos pequenas anotacións con pictogramas para que non se esqueza nada. Rematamos coa presentación do tempo. TODA UNHA EXPERIENCIA!!!

                              

miércoles, 1 de junio de 2016

VISITA AO MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE (PARADA DE SIL)

O día 30 de Maio, os nenos e nenas de primeiro visitamos o museo do chocolate que está no pobo de Teimende (Parada de Sil). Aprendemos cales eran os ingredientes do chocolate e o proceso de fabricación, así coma o nome das máquinas. 
Despois de comer na plaza de Teimende e que se chama a plaza de Dora Vázquez (debido a que esta escritora foi mestra neste pobo durante moito tempo) visitamos os balcóns de Madrid, Dende alí vimos o río Sil e os cañóns.  Este río separa a provincia de Ourense da provincia de Lugo.



sábado, 28 de mayo de 2016

OS XOGADORES DO EQUIPO DE SEIXALBO VISITARON A NOSA CLASE



Un grupo de xogadores do deportivo seixalbo visitaron algunhas clases do centro, entre elas a de 1º A. Que altos eran en comparación con nós!!! No campo parecen máis pequenos, decía un neno.

sábado, 21 de mayo de 2016

"EDUCA CON ARTE"


O día das letras galegas recitamos poemas de Manuel María e inauguramos a exposición "Educa con arte" no centro cívico de Seixalbo. Esta exposición está feita con materiais de refugallo e participan o noso centro e o de Virxe de Covadonga.

martes, 3 de mayo de 2016

O SISTEMA SOLAR

sistema solar está formado pola terra  e outros obxectos astronómicos que xiran directa ou indirectamente nunha órbita arredor dunha única estrela que é o Sol.

Os planetas do sistema solar son:


-Interiores. Son os máis cercanos e considerablemente máis pequenos e están formados por rocha e metal. Son: Mercurio, Venus, A Terra e Marte. 

-Exteriores. Están máis alonxados e están compostos de xeo e gases. Estos planetas son: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.


                                         

                                                            XOGOS:

                                                          Ordenando os planetas

                                                           Adiviña os planetas

                                                Para colorear os planetas




lunes, 2 de mayo de 2016

PLANTAMOS NO HORTO




PESÁMONOS E FACEMOS A GRÁFICA








Que mellor maneira que representar nunha gráfica o peso dos nenos e nenas da nosa clase!!!
Quen pesa máis? Quen pesa menos?
Nunha táboa fomos anotando os datos  de cada neno e nena despois de pesarse. Unha vez completada fixemos a gráfica correspondente.

domingo, 1 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Dado que o día 23 de Abril era sábado, celebramos o día do libro o venres día 22.
Para conmemorar este día, cada alumno de 5º de primaria, apadriñaba e  líalle un conto, previamente seleccionado, a dous nenos de 1º de primaria. Logo facíanlle preguntas e remataban con un debuxo do mesmo.
Tantos padriños e madriñas como afillados estaban encantados con esta experiencia que resultou ser moi agradable e enriquecedora.

lunes, 29 de febrero de 2016

RODARIRRODARI NO AUDITORIO


Rodarirrodari é un espectáculo musical no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, que percorría o espazo entre Marín e Pontevedra.

Historia e ficción conviven neste espectáculo no que se rescatan e actualizan cancións da tradición popular como o Trole, Nena, o Chucurruchú, a Maturrangaina ou Romance de Guillermo con achegas como o Trabalínguas do Marques de Riestra ou o xogo das agachadas de Lisboa-Algés. 

lunes, 8 de febrero de 2016

O ENTROIDO

O venres celebramos o entroido no cole. Íbamos disfrazados de bailarines de ballet e desfilamos polo patio do centro


                            

domingo, 24 de enero de 2016

OBSERVAMOS E TOCAMOS

O corazón, os pulmóns e a pata dunha vaca foi o que observaron e puderon tocar as nenas e nenos de primeiro. O que se ve e se manipula, normalmente non se esquece.

domingo, 10 de enero de 2016

ELECCIÓNS NA AULA

Dado que houbo e haberá eleccións no noso país, practicamos na aula esta forma democrática de escoller, non aos políticos, pero sí a froita preferida dos nenos e nenas de 1º A que resultaron ser as uvas. Unha vez coñecido o resultado, fixemos a representación gráfica.