sábado, 14 de noviembre de 2015

ESTUDAMOS AS PLANTAS E A XERMINACIÓN





Despois de varios días e de coidar as nosas sementes, vimos como iban saíndo as raíces e brotando pouco a pouco a planta.
Esto permitiu que seguíramos o seu crecemento e miráramos  canto medraba cada día.







O venres sementamos lentellas, fabas e garabanzos así podemos observar como xerminan, como medran, cales medran máis, canto medran...  Aplicamos as matemáticas á práctica diaria.
                

O MAGOSTO

O martes, día 10, celebramos o magosto no colexio. Despois do recreo fixemos xogos: o da petanca, aros, peonzas... e rematamos comendo castañas asadas. 




domingo, 8 de noviembre de 2015

VISITA POR SEIXALBO

O venres fixemos unha excursión a Seixalbo. Como queda cerca do colexio fomos andando e pudemos observar as cores do outono. Ademais de pasear polo pobo, visitamos unha exposición feita con materiais de refugallo. Cantas cousas se poden facer con todo ese material que tiramos ao lixo!. Só se precisa unha gran imaxinación e creatividade.