domingo, 29 de marzo de 2015

Uns días de vacacións.

Non importa o lugar. O importante é disfrutar.Lanzarote Cantabria Teruel Madrid En calquera lugar... Ourense Pont...

Cantos alumnos/as hai no noso cole?

Queremos saber os nenos e nenas que hai no noso cole. E para esto o primeiro que fixemos foi elaborar unha táboa que tuvemos que cubrir. Distribuímonos por parellas e fomos polas aulas do centro preguntando. Fixemos a posta en común e cada un de nós cubríu a súa táboa.
Despois de facer as sumas correspondentes vimos que hai:

NENOS: 105
NENAS: 109
TOTAL: 214
Todo esto representámolo nun diagrama de barras  que colocamos nun sitio visible do cole.

jueves, 26 de marzo de 2015

Traballamos a poesía.

FIN DE INVERNO, é unha poesía de Juán Ramón Jiménez. Dividimos a clase en tres grupos para ilustrala e formar parte da exposición que se leva a cabo no colexio.

sábado, 14 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL

O día 20 de Marzo do 2.015 terá lugar un eclipse de sol. Será o maior acontecemento da década e o de máis duración: 2 minutos e 47 segundos, que é o tempo no que o sol quedará oculto. Unha super lúa cubrirá ao sol, xusto o día do equinocio.