domingo, 20 de diciembre de 2015

BOAS FESTAS!

                             

FESTIVAL DE NADAL

O xoves e o venres fixemos a representación dunha obra de teatro que se titulaba: "A LEDICIA DOS ANIMAIS".    Con anterioridade memorizamos a obra e tódolos días tíñamos que ensaiar, pero dende o primeiro día disfrutamos un montón.
Agora toca descansar e disfrutar coa familia estos días de Nadal.
            

domingo, 6 de diciembre de 2015

PINTAMOS MANDALAS

MANDALA,  é unha palabra que significa "círculo" e ten a súa orixe na india.
Os mandalas son un instrumento que potencian a creatividade e axudan a centrarnos e a relaxarnos.
É por ese motivo polo que na nosa aula pintamos mandalas.

sábado, 14 de noviembre de 2015

ESTUDAMOS AS PLANTAS E A XERMINACIÓN





Despois de varios días e de coidar as nosas sementes, vimos como iban saíndo as raíces e brotando pouco a pouco a planta.
Esto permitiu que seguíramos o seu crecemento e miráramos  canto medraba cada día.







O venres sementamos lentellas, fabas e garabanzos así podemos observar como xerminan, como medran, cales medran máis, canto medran...  Aplicamos as matemáticas á práctica diaria.
                

O MAGOSTO

O martes, día 10, celebramos o magosto no colexio. Despois do recreo fixemos xogos: o da petanca, aros, peonzas... e rematamos comendo castañas asadas. 




domingo, 8 de noviembre de 2015

VISITA POR SEIXALBO

O venres fixemos unha excursión a Seixalbo. Como queda cerca do colexio fomos andando e pudemos observar as cores do outono. Ademais de pasear polo pobo, visitamos unha exposición feita con materiais de refugallo. Cantas cousas se poden facer con todo ese material que tiramos ao lixo!. Só se precisa unha gran imaxinación e creatividade.

sábado, 31 de octubre de 2015

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

O martes no noso colexio pudemos contemplar a exposición de cabazas que había no salón de actos onde tamén estaban as nosas creacións. Pola tarde puderon visitala os nosos familiares.

                          s.

domingo, 18 de octubre de 2015

CHEGOU O OUTONO!!!

Estamos en outono e as árbores están perdendo as súas follas. Despois do recreo quedamos para recoller algunhas e facer estas composicións.
                                                                   Xogo sobre o outono

sábado, 10 de octubre de 2015

XA ESTAMOS AQUÍ!!!

Despois de levar varios días de clase, xa nos coñecemos todos.  Xogamos, disfrutamos e tamén experimentamos.
O OVO SALTARÍN.

Precisamos: un bote de cristal, un ovo e vinagre. Metemos o ovo no tarro de cristal, engadimos vinagre e cando pasan 48 horas...xa temos un ovo saltarín.





lunes, 15 de junio de 2015

VIAXANDO POLO ESPAZO

Os nenos e nenas de 1º B do CEIP de Seixalbo xunto cos nenos e nenas do CEIP de Punxín, fixemos un libro  que leva por título: VIAXANDO POLO ESPAZO.
Aprendemos moitas cousas do universo, da nosa galaxia e por suposto do noso Planeta.
      

domingo, 7 de junio de 2015

Saímos de excursión

O martes día 2 visitamos os avós de Miguel e vimos a variedade de animais que ten; coellos, tartarugas, porcos...e gran variedade de galiñas: a das polainas, a moñuda, a de perú...
Logo agasalláronnos cunha merenda.
                  MOITAS  GRAZAS  MARI

Visita da policia ao cole

Os nenos e nenas de 1º e 2º e logo os de infantil, tuveron a oportunidade de ver o coche e todos os elementos que emprega a policia no seu traballo.        
                           

domingo, 24 de mayo de 2015

Facemos experimentos

          AUGA DOCE, AUGA SALGADA.  Un ovo en auga doce vai ao fondo pero se lle engadimos sal marina comprobamos que flota.

  FLOTA OU FÚNDESE? Os obxectos que pesan pouco flotan e os que pesan van ao fondo. Unha  bola de plastilina fúndese pero cando a modelamos e distribuimos o peso flota.
                           
                                   PINTAMOS CLAVEIS: Metemos 2 ou máis claveis
                                         en colorante alimentario  e tíñense de cor.

O telediario

                      

jueves, 7 de mayo de 2015

Animación á lectura no museo municipal

Hoxe pola mañá desplazámonos ata o museo municipal para participar no programa de animación á lectura. Ademais de viaxar polo mundo a través dos contos, disfrutamos dun momento de lectura.

Saída do colexio
                                                   
                                                                 Camiño do museo

                                                 Recibimento ás portas do museo

                                                          A decoración
                                                         
                                                            Dentro do museo

miércoles, 22 de abril de 2015

23 de Abril, día do libro

O 23 de Abril, celébrase a festa do libro, día do falecemento de Cervantes.
Na nosa clase, para celebrar este día traballamos a Cervantes, un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de O enxeñoso hidalgo Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal.

            

Para completar o día fixemos un pequeno libro do quixote e unha lectura continuada  do mesmo que se levou a cabo no salón de actos do centro.

sábado, 11 de abril de 2015

Xa temos gusanos de seda!!!

Chegou a primavera e con ela as flores e todos os animais que ao longo do inverno estuveron adormecidos.
Os " pequerrechiños" gusanos de seda que brotan dos ovos xa os temos na clase e pouco a pouco vemos como van medrando e completando o ciclo. Agora toca recoller as follas de moreira para alimentalos.
O venres empregamos a lupa para poder observar mellor as súas características.


domingo, 29 de marzo de 2015

Uns días de vacacións.

Non importa o lugar. O importante é disfrutar.Lanzarote Cantabria Teruel Madrid En calquera lugar... Ourense Pont...

Cantos alumnos/as hai no noso cole?

Queremos saber os nenos e nenas que hai no noso cole. E para esto o primeiro que fixemos foi elaborar unha táboa que tuvemos que cubrir. Distribuímonos por parellas e fomos polas aulas do centro preguntando. Fixemos a posta en común e cada un de nós cubríu a súa táboa.
Despois de facer as sumas correspondentes vimos que hai:

NENOS: 105
NENAS: 109
TOTAL: 214
Todo esto representámolo nun diagrama de barras  que colocamos nun sitio visible do cole.

jueves, 26 de marzo de 2015

Traballamos a poesía.

FIN DE INVERNO, é unha poesía de Juán Ramón Jiménez. Dividimos a clase en tres grupos para ilustrala e formar parte da exposición que se leva a cabo no colexio.

sábado, 14 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL

O día 20 de Marzo do 2.015 terá lugar un eclipse de sol. Será o maior acontecemento da década e o de máis duración: 2 minutos e 47 segundos, que é o tempo no que o sol quedará oculto. Unha super lúa cubrirá ao sol, xusto o día do equinocio.                      
                                    

domingo, 22 de febrero de 2015

Eleccións na clase

Despois das eleccións en Grecia, estuvemos traballando a importancia de poder escoller de forma democrática aos nosos representantes e nada mellor que practicar na clase; asique trouxemos a urna, fixemos as papeletas,  votamos, anotamos  e rematamos representando nun diagrama de barras o resultado da votación.
TODA UNHA EXPERIENCIA!!!

miércoles, 4 de febrero de 2015

jueves, 15 de enero de 2015

Tocando apréndese mellor.

 Estamos estudando o aparato locomotor e unha parte moi importante é o cerebro, que está protexido polo cranio.

1º. Preparamos as mesas.




2º. Poñemos as luvas.



 3º Tocamos, vemos  e aprendemos.

jueves, 8 de enero de 2015

PLATERO Y YO

                                

VOLTAMOS!!!

Regresamos de novo coas pilas cargadas e con moitas ganas de seguir aprendendo e disfrutando.

                        



viernes, 2 de enero de 2015

FELIZ ANO.

Que non falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar a onde ir e alguén a quen querer.