sábado, 22 de febrero de 2014

CANCIÓN DA PAZ

Aínda que a PAZ non só é un día,  nós celebrámola cunha canción que fixemos coa axuda da profe Esther de música.
Basándonos na canción dos pallasos da tele: "Había una vez un circo" adaptamos a letra  e o día 30 de Xaneiro cantámola no salón de actos  compartíndoa cos nenos e nenas de E.I.

                 

domingo, 16 de febrero de 2014

Traballamos as emocións con Rita.

O xoves, día 13, tuvemos a sorte de contar coa presenza de Rita, unha experta en intelixencia emocional.
Consideramos que na aula non hai que traballar soamente os contidos académicos senón tamén os EMOCIONAIS, que os nenos e nenas aprendan a pensar por sí mesmos, a discrepar, a diferenciarse do grupo pero ao mesmo tempo tolerar e respectar aos outros.
É por eso que é de suma importancia traballar as emocións e de cómo poden influír nelas, que coñezan as ferramentas sinxelas, como o control da respiración, para sentirse mellor e que valoren a súa imaxinación e creatividade.
O seu estado interior inflúe nas súas aprendizaxes.  Aprender a recoñecer as emocións que eles sinten, permítelles saber en qué disposición se atopan para adicarse a calquera actividade con éxito e  neste caso concreto  o rendimento no "cole".
Todo o traballado  feito con Rita, favorece a concentración e a atención; así como unha mellora a nivel académico.
GRAZAS RITA,  por compartir con nós todos esos coñecementos.
  

Entrevista a Rita