lunes, 22 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS!!!

                                     Un pequeno descanso para disfrutar moito. Feliz ano a tod@s.  

                                   

festival de nadal

Os nenos e nenas de 1º B representaron dúas obras de teatro: O Abeto e o Cogumelo. Que grandes artistas!!!
                                     

domingo, 21 de diciembre de 2014

As bañistas dos nenos e nenas

Estos cadros das bañistas  foron pintados polos nenos e nenas despois de estudar a Picasso e a súa obra.                              Picasso preséntanos tres figuras femininas en traxe de baño sobre a area da praia.


miércoles, 10 de diciembre de 2014

martes, 25 de noviembre de 2014

Estudamos a pirámide alimenticia.

 Estamos estudando os alimentos, a importancia dunha alimentación sana e variada para medrar sans e fortes.


 Entre todos fixemos un mural coa pirámide alimenticia.   Colocamos na parte baixa aqueles alimentos que convén tomar a diario e no vértice aqueles que deberíamos consumir ocasionalmente.

"SE COMES CON ALEGRÍA,
ESTARÁS BEN TODO O DÍA"

jueves, 20 de noviembre de 2014

O pequeno mago

Hoxe fomos ao auditorio para ver unha película que se titulaba  "o pequeno mago" escrita e dirixida por Roque Cameselle, baseada na novela "Bieito Dubidoso", publicada por Edicións Xerais.
                      

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Quen pesa máis?

Despois de persarnos todos os nenos e nenas da clase e rellenar unha táboa de datos fixemos un diagrama de barras e  pudemos ver rápidamente quen era o que máis pesaba e o que menos. Sara Pérez é a que ten a barra máis alta.

sábado, 1 de noviembre de 2014

Estudamos as plantas.

Sabemos que as plantas nacen de sementes e que necesitan unhas condicións para que medren.
                           

                Estas sementes xerminan e dan lugar a unha nova planta.








miércoles, 29 de octubre de 2014

A festa da cabaza.

O martes no colexio houbo unha exposición de cabazas feitas polas familias. Moitas cabazas e moi creativas. Ademais das cabazas fixemos debuxos do samaín, halloween, murais...
                         

domingo, 12 de octubre de 2014

Construímos

Estudamos a xerminación, sementamos e ademais fixemos  construcións con eles.  Canto deron de sí!!!

jueves, 9 de octubre de 2014

Visita ao teatro principal

As laranxas máis laranxas de todas  as laranxas de Carlos Casares foi a obra de teatro que fomos ver ao teatro principal. Unha obra moi bonita coa que disfrutamos moito.
                  

martes, 30 de septiembre de 2014

Fixemos a vendima

Estamos no outono. É o momento de recoller as uvas.
Que podemos facer con elas?
-Comelas
-Facer mosto
-Facer viño.
A vendima é importante dende fai moitos anos.
Nós fixemos a nosa. Primeiro probamos o mosto e agora esperamos a que se faga o viño.

lunes, 29 de septiembre de 2014

Os reptiles.

Estamos coñecendo e estudando os animais entre eles os reptiles. Temos na clase unha lagartixa e un saltamontes. Aproveitamos para analizalos e ver as súas características.

jueves, 18 de septiembre de 2014

Os reises en Ourense.

Os reises visitaron un cole da provincia de Ourense para a inauguración do curso escolar. Nós aproveitamos este evento para traballar a monarquía.

Un novo curso comeza.

Ola a tod@s. Aquí estamos de novo con moita ilusión e con moitas gañas de aprender cousas.
Resultado de imagen de imagenes de ir al cole

sábado, 28 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS!!!

Rematamos o curso e con él o ciclo. Ao longo de estos dous anos  aprendemos e compartimos moitas cousas. Agora toca descansar e disfrutar moito.
QUE PASEDES UN BÓ VERÁN.




Adolfo, un misionero javeriano no Amazonas.

Adolfo Zon, é un sacerdote misionero javeriano que leva 22 anos no Amazonas. Agora está de vacacións en Seixalbo e aproveitamos para que viñera á  nosa clase e nos explicara as súas experiencias e a forma de vida dos nenos e nenas no Brasil.





Fíjxémoslle unha entrevista e contounos e ensinounos fotos da zona onde él vive e traballa.

viernes, 27 de junio de 2014

Na biblioteca




O último día de clase, estuvemos na biblioteca participando en determinados xogos por equipos:
-Buscar no atlas provincias.
-Buscar no diccionario.
-Buscar libros según código.
-Escribir título, autor, editorial dos libros no que lle daban o código.

jueves, 26 de junio de 2014

A profe Ánxela cóntanos contos.

Tuvemos a sorte de que a profe Ánxela nos contara algúns contos no salón de actos. Disfrutamos moito,
                       

sábado, 21 de junio de 2014

lunes, 9 de junio de 2014

Mural do ciclo da ra




Hoxe Carla, toda unha experta en sapos e ras, trouxonos este mural que fixo na súa casa e explicouno na aula.


El ciclo de la rana

Hace unos días que tenemos renacuajos en clase. Esperemos que podamos observar su transformación antes de que termine el curso.

             

sábado, 7 de junio de 2014

Recollemos os froitos

Despois de plantar os froitos, toca recollelos.                              
                      

lunes, 26 de mayo de 2014

Animación á lectura

       O día 26 de Maio fomos ao Museo Municipal  para participar no programa de animación á lectura pero antes pasamos polas burgas e pola praza de abastos.            
                    

O galego é noso.

Roberto, un periodista da radio galega e Óscar Martínez, un xogador de fútbol, estuveron no noso colexio

jueves, 15 de mayo de 2014

Saímos de excursión

                                
Por fin chegou o día da excursión!!! Visitamos as tres fábricas do Polígono e aprendemos moitas cousas.

domingo, 4 de mayo de 2014

Visita ao polígono de San Cibrán das Viñas.

O día 13 de maio imos facer unha excursión ao polígono de San Cibrán das Viñas e visitaremos as fábricas de:
-Aceites Abril
-Plásticos Guede
-Rodríguez López auto (ambulancias).

sábado, 12 de abril de 2014

O PROFE HERMINIO XUBÍILOUSE

Despois de tantos anos de profesión e dedicación o profe HERMINIO merece descansar e dedicarse a outras cousas ; disfrutar da familia e da súa "horta" que seguro que ata o de agora foi a súa vía de escape.
Por este motivo, os alumnos/as de 2º de primaria e xunto coas súas familias déronlle un pequeno agasallo ao mesmo tempo que lle daban as grazas por.
-Ser o mellor profe.
-Apoialos.
-Ser amable con eles.
-Facelos rir.
-Ensinarlle cousas chulas.
-Curarlle as feridas.
-Facer xogos divertidos.
-Traerlle as cousas cando se esquecían.
-Xogar con eles ao fútbol.
-Cando estaban tristes facelos rir.
Todo esto expresárono os nenos/as. Herminio foi para eles máis que un "profe".

jueves, 3 de abril de 2014

Puxemos as mesas no comedor

O martes fomos ó comedor e puxemos as mesas. Levamos á  práctica o que aprendemos na clase. 
                   

miércoles, 26 de marzo de 2014

GRAZAS PABLO E MARI.

Un día Mari trouxonos a clase moitos ovos de distintas aves: ocas, gansos, patos, galiñas, codornices...
Logo Nerea Cid   trouxo un ovo de avestruz  e Martín algúns ovos máis e para terminar veo Pablo, un neno de 4º, que ten moitos coñecementos neste tema, explicounos cantidade de cousas sobre os ovos.
MOITAS GRAZAS.            
                             

domingo, 2 de marzo de 2014

O entroido





Despois da elaboración dos traxes  por parte das nais e completados polos nenos e nenas, saímos a desfilar vestidos de cenorias. Unhas cenorias con moitas vitaminas!



sábado, 22 de febrero de 2014

CANCIÓN DA PAZ

Aínda que a PAZ non só é un día,  nós celebrámola cunha canción que fixemos coa axuda da profe Esther de música.
Basándonos na canción dos pallasos da tele: "Había una vez un circo" adaptamos a letra  e o día 30 de Xaneiro cantámola no salón de actos  compartíndoa cos nenos e nenas de E.I.

                 

domingo, 16 de febrero de 2014

Traballamos as emocións con Rita.

O xoves, día 13, tuvemos a sorte de contar coa presenza de Rita, unha experta en intelixencia emocional.
Consideramos que na aula non hai que traballar soamente os contidos académicos senón tamén os EMOCIONAIS, que os nenos e nenas aprendan a pensar por sí mesmos, a discrepar, a diferenciarse do grupo pero ao mesmo tempo tolerar e respectar aos outros.
É por eso que é de suma importancia traballar as emocións e de cómo poden influír nelas, que coñezan as ferramentas sinxelas, como o control da respiración, para sentirse mellor e que valoren a súa imaxinación e creatividade.
O seu estado interior inflúe nas súas aprendizaxes.  Aprender a recoñecer as emocións que eles sinten, permítelles saber en qué disposición se atopan para adicarse a calquera actividade con éxito e  neste caso concreto  o rendimento no "cole".
Todo o traballado  feito con Rita, favorece a concentración e a atención; así como unha mellora a nivel académico.
GRAZAS RITA,  por compartir con nós todos esos coñecementos.
  

Entrevista a Rita

jueves, 30 de enero de 2014

El perímetro

              

Sementamos leitugas

A semana pasada estuvemos sementando leitugas. Nun bote de iogur puxemos terra, fixemos un burato e ali colocamos as sementes das leitugas. Cando medren transplantámolas ao horto que fixeron no colexio. Cando chegue a primaveira agardamos probar as nosas leitugas. 


Que aprendemos?

Esto é o que aprenderon os nenos e nenas a así debuxaron a Susana.


martes, 21 de enero de 2014

Hoxe visitounos a mamá de Ainhoa.

Hoxe estuvo na nosa aula Susana, a mamá de Ainhoa, que nos ensinou moitas cousas como tomar o pulso, a tensión arterial, escoitar os latidos do corazón...e o nome dalgúns aparatos que emprega na súa cosulta coma o esfignomanómetro, o fonendoscopio ou o pulsioxímetro.
                                         MOITAS GRAZAS SUSANA !!

                                   

jueves, 16 de enero de 2014

Hoxe visitounos un contacontos.

Xiana e Mateo eran os protagonistas dun conto que nos dramatizou Nati, a contacontos que veo ao colexio.
A Xiana e a Mateo encantáballes ler e os seus libros preferidos eran de heroes.


                             

martes, 14 de enero de 2014

Xa estamos de volta!!!

Aquí estamos de volta con ganas de seguir traballando e aprendendo cousas novas.
O venres estuvemos pintando con pallas e con cepillos. Cada un plasmou a súa creatividade.